O director xeral do Patrimonio asegura que o Pazo de Meirás abrirase ao público salvagardando todas as cuestións de seguridade

José Manuel Rey Pichel manifestou a necesidade dunha inminente apertura do pazo de Meirás “polo que significa o pazo e a familia Franco”

O director xeral do Patrimonio argumentou que “os resultados das conversacións cos titulares están sendo positivos” e que “non existe oposición, senón prudencia lexítima” para abrir o pazo ao público “catro días ao mes cun procedemento determinado”

O director xeral do Patrimonio Cultural, Jose Manuel Rey Pichel, manifestou nunha entrevista radiofónica, que na apertura do Pazo de Meirás prestarase unha atención prioritaria as cuestións de seguridade do pazo “polo que significa o propio pazo e a familia Franco para que non haxa danos nin alteracións no patrimonio”. Deste xeito, o director xeral expresou o compromiso do departamento a “garantir esa seguridade cos medios dos que dispoña a Xunta de Galicia”.

Jose Manuel Rey Pichel insistiu en que a Dirección Xeral “actuou en todo momento de acordo coa lei e respectando o proceso xudicial”. O 1 de outubro de 2009 estableceuse a primeira comunicación coa familia Franco a través dunha carta na que se manifestaba a obriga de abrir o pazo de Meirás ao público. No mes de novembro tivo lugar a primeira reunión cos representantes da familia e, na actualidade, estanse a definir as zonas que poderán ser expostas ao público proximamente: “biblioteca, planta baixa e planta primeira”.

O director xeral do Patrimonio argumentou que “os resultados das conversacións cos titulares están sendo positivos” e que por parte da familia Franco “non existe oposición, senón prudencia lexítima” para abrir o pazo de Meirás ao público “catro días ao mes cun procedemento determinado”.

Fuente: Xunta de Galicia